Sobre
CKAN é a principal plataforma de portal de datos de código aberto do mundo.
CKAN é unha solución completa de software lista para usar que fai que os datos sexan accesíbeis e utilizábeis, fornecendo ferramentas para axilizar a publicación, o intercambio, a busca e o uso dos datos (incluído o almacenamento de datos e a subministración de API de datos sólidas). CKAN está dirixido a editores de datos (gobernos nacionais e rexionais, empresas e organizacións) que queiran facer que os seus datos sexan abertos e que estean dispoñíbeis.
CKAN é usado por gobernos e grupos de usuarios de todo o mundo e alimenta unha gran variedade de portais de datos oficiais e comunitarios, incluíndo portais para goberno local, nacional e internacional, como o do Reino Unido data.gov.uk e o dos EUA catalog.data.gov, os portais do goberno brasileiro dados.gov.br, o holandés e neerlandés, así como sitios de cidades e municipios dos EUA, Reino Unido, Arxentina, Finlandia e outros países.
CKAN: https://ckan.org/
Escaparates de CKAN: https://ckan.org/showcase
Resumo de características: https://ckan.org/features/